María del Carmen Figueiró Freiría, chamada Avoa Carmela, nada no Carballal, na parroquia de Camos (Nigrán) o 28 de outubro de 1883 e finada na mesma aldea o 25 de maio de 1997, foi unha labrega galega, e persoa máis lonxeva de España.
Traxectoria
Labrega de profesión, quedou orfa con doce anos e ao coidado dos seus irmáns. En 1914 casou e tivo cinco fillos. Con máis de 89[1] anos recuperouse dunha operación da matriz que os médicos consideraban unha operación de alto risco. Mantivo unha vida activa no campo ata facer os 105 anos, e posteriormente o resto dos seus días na súa casa ao coidado da súas fillas e netas ata o seu falecemento. Fontes da familia indicaban que a morte dos seus descendentes máis próximos (fillos, fillos políticos, ...) influíu no seu estado de saúde antes da súa morte. "Deus olvidouse de min" comentaba en numerosas ocasións en cada paso de ano.
En 1996 o concello de Nigrán dedicoulle a rúa onde estaba situada a casa familiar de Carmela na parroquia de Santa Baia de Camos.
Foi a galega máis lonxeva desde que se gardan rexistros, ao falecer con 113 anos e 209 días[2]. Ademais, no momento do seu falecemento era a española máis vella de nome coñecido.
Notas