Carlos Taboada Tundidor

Modelo:BiografíaCarlos Taboada Tundidor

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de agosto de 1880 Editar o valor en Wikidata
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Morte26 de abril de 1935 Editar o valor en Wikidata (54 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Deputado nas Cortes republicanas
6 de decembro de 1933 – 15 de maio de 1935

Circunscrición electoral: Ourense
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónavogado, político Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiJuan Taboada González Editar o valor en Wikidata
IrmánsAntonio Taboada Tundidor Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1449267 BUSC: taboada-tundidor-carlos-m-1935

Carlos Taboada Tundidor, nado en Ourense o 8 de agosto de 1880 e finado na mesma cidade o 26 de abril de 1935, foi un avogado, militar e político galego.

Traxectoria

Fillo de Juan Taboada González,[1] e irmán de Antonio Taboada Tundidor. Estudou Dereito e ingresou na administración militar, da que se retirou como tenente coronel. Católico profeso e afín ao Partido Conservador da facción bugallalista, padeceu o rexeitamento dos monárquicos tralo fin da ditadura de Primo de Rivera[2]. Coa chegada da Segunda República, fundou Acción Popular Agraria na provincia ourensá co apoio de Gil Robles e foi elixido deputado da CEDA pola provincia de Ourense nas Eleccións xerais de 1933, axudándose das antigas redes caciquís do político conservador verinés Luís Espada Guntín.[3] Finou en Ourense o 26 de abril de 1935.[4]

Obras

  • La Castilla vinícola..., 1902.
  • El ejército y la producción nacional, 1910.
  • Organización de los servicios de Intendencia en el Ejército francés al inicio de la guerra con Prusia, 1910.
  • El reclutamiento en Japón, 1911.
  • Testamento militar, 1912.
  • El lago de San Martín de Castañeda, 1913.
  • Las denuncias y querellas delictivas. Apuntes acerca de la mentira como delito, 1930.
  • La igualdad de derechos para los sexos, 1933.

Vida persoal

En 1910 casou no Pinto (Esgos) con María Isabel Álvarez Moreiras,[5] falecida por mor da gripe de 1918.[6] Casou en segundas nupcias con Carmen Galán Salgado en 1921,[7] e foi pai de María Isabel e Amalia Taboada Galán, casada esta última con Elías Palao Martialay.

Notas

  1. "Hecho vandálico". La Región (257). 17 de decembro de 1910. 
  2. Lozano, C. (2017). "A Segunda República en Ourense (I). A dereita política non republicana.". Fronda: Voandeira do Arquivo Histórico Provincial de Ourense (72). ISSN 2659-3491. 
  3. Lozano, C. e Sánchez, P. (2018). "A Segunda República en Ourense (II). Carlos Taboada Tundidor e a CEDA.". Fronda: Voandeira do Arquivo Histórico Provincial de Ourense (75). ISSN 2659-3491. 
  4. La Región, 27-4-1935, p. 1, 6.
  5. "Hecho vandálico". La Región (257). 17 de decembro de 1910. 
  6. Diario de Pontevedra, 13-12-1918, p. 3.
  7. La Región, 11-5-1921, p. 2.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Lozano, C. (2017). A Segunda República en Ourense (I). A dereita política non republicana. Fronda: Voandeira do Arquivo Histórico Provincial de Ourense. (No. 72). ISSN 2659-3491 Arquivado 18 de outubro de 2019 en Wayback Machine.
  • Lozano, C. e Sánchez, P. (2018). A Segunda República en Ourense (II). Carlos Taboada Tundidor e a CEDA. Fronda: Voandeira do Arquivo Histórico Provincial de Ourense. (No. 75). ISSN 2659-3491 Arquivado 18 de outubro de 2019 en Wayback Machine.
  • Lozano, C. (2018). A Segunda República en Ourense (III). Gil Robles e Acción Femenina Gallega. Fronda: Voandeira do Arquivo Histórico Provincial de Ourense. (No. 76). ISSN 2659-3491 Arquivado 18 de outubro de 2019 en Wayback Machine.

Ligazóns externas