Carlos Mosteiro |
|
Nacemento | 3 de novembro de 1955 Xeve, España |
---|
Morte | 3 de xullo de 2017 (61 anos) |
---|
Formación profesional | Maxisterio |
---|
|
Ocupación | escritor |
---|
Xénero artístico | Narrativa |
---|
|
|
Xosé Carlos Mosteiro Fraga, nado en Xeve (Pontevedra) o 3 de novembro de 1955 e finado o 3 de xullo de 2017,[1] foi un escritor galego de literatura infanto-xuvenil.[2]
Traxectoria
Estudou maxisterio e exerceu de mestre na Pobra do Caramiñal.
Obras
Literatura infanto-xuvenil
- O día que Miguel Induráin pasou por Gonderande, 1999, Galaxia.
- Manual de instruccións para querer a Irene, 2001, Galaxia. Foi traducida ao castelán,[3] ao catalán,[4] ao éuscaro,[5] ao asturiano[6] e ao aragonés.[7]
- Ese unicornio rosa, 2005, Tambre. Foi traducida ao castelán.[8]
- Unha bruxa ben rara, 2007, S. M.
Obras colectivas
- A cor dos soños: III Encontro de Creadores no Barbanza: literatura infantil-xuvenil e ilustración, 2007, Barbantia. Con Lola Arxóns e Antón Riveiro Coello.
- Historias para ler e mirar, 2007, Xunta de Galicia.
Premios
- Premio Barco de Vapor no 2006, por Unha bruxa ben rara.
Notas