Carlos Martínez Carrillo, nado en 1970, é un avogado e político galego do PPdeG.
Traxectoria
Avogado. Nas municipais de 2007 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Vedra e foi a segunda forza máis votada, logrando subir de 3 a 5 concelleiros. Nas municipais de 2011 encabezou de novo a candidatura e foi elixido alcalde como cabeza da lista máis votada[1]. Nas municipais de 2015 e 2019 acadou de novo a alcaldía con maioría absoluta[2].
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas