Carlos José Blanco Smith

Modelo:BiografíaCarlos José Blanco Smith
Biografía
Nacemento18 de febreiro de 1985 Editar o valor en Wikidata (39 anos)
Australia Editar o valor en Wikidata

Carlos José Blanco Smith nado en Australia[Cómpre clarificar][onde?] o 18 de febreiro de 1985, é un xogador galego de rugby, máis coñecido como Carlos Blanco. Xogou no Vigo Rugby Club na posición de centro entre 2010 e 2013, e foi internacional coa Selección de rugby de España.

Carreira deportiva

No 2005 quedou subcampión do mundo coa Selección de rugby de Australia no mundial xuvenil disputado en Suráfrica, caendo na final fronte á Selección de rugby de Nova Zelandia xuvenil na que xogaba o seu actual compañeiro no Vigo Rugby Club, Riki Tukaki.[1]

No ano 2010 rematou os seus estudos e deixou a súa Australia natal, chegando a Galicia, terra do seu pai, coa intención de ensinar Lingua inglesa ou xogar ó rugby, asinando ó final co Vigo Rugby Club. Aínda en 2010, a pesar de xogar nun equipo de División de Honra B, Carlos Blanco foi chamado para xogar coa selección española de rugby a 7 nun torneo de Sri Lanka. Dende entón é un xogador fixo na selección española. Poucos meses despois, tamén foi chamado para xogar coa selección de rugby absoluta, coa que debutou o 19 de marzo de 2011.[2]

Co Vigo Rugby Club, Carlos Blanco acadou na tempada 2010-11 o primeiro ascenso á División de Honra na historia do rugby galego, así como a Copa Xunta 2011.

Na tempada 2012/13 Carlos Blanco disputou as Series Mundiais de Sevens e apenas xogou co Vigo Rugby Club. Ó remate desa tempada deixou tanto a selección como o club para regresar a Australia.[3]

Notas