Fillo do dirixente galeguista na emigración José Benito Abraira, foi o primeiro Secretario Xeral das Mocedades Galeguistas, membro do consello de redacción do periódico Adiante (1954-1955) e un dos promotores da organización Follas Novas (xullo 1957), divulgadora do libro galego. Licenciado en Medicina pola Universidade de Buenos Aires (1961), traballou no Michael Reese Medical Center de Chicago. Foi profesor na Loyola University e xefe da sección de Endocrinoloxía do Hospital Hines de Chicago. Colaborador na prensa galeguista de Buenos Aires. En 1999 trasladouse a Miami e foi profesor de Medicina na Universidade de Miami.
Obras
Vixencia de Castelao nas novas xeracións galegas, 1961.
Vida persoal
Casou en Buenos Aires con Rosa María Saffier o 11 de xullo de 1963.[2]