O banco de Cargados Carallos[1] (tamén coñecidas coma Cargados Carajos e as Rochas San Brandón, Saint Brandon Shoals) son un grupo de entre 16 e 20 pequenas illas e illotes nun arrecife situadas no océano Índico, o nordeste das Illas Mauricio. O seu nome é debido ao navegante galego Joan de Novoa, que tería nomeado o arquipélago e as illas de Agalega[2]. Os Cargados Carallos teñen unha área total de terra de 1,3 km². O arrecife mide máis de 50 quilómetros de norte a sur e 5 quilómetros de ancho, cortado por tres pasos; en total a área do arrecife abarca 190 km². As illas teñen unha pequena poboación, conformada maioritariamente por nativos e posúe unha rica fauna e flora. O arrecife de Cargados Carallos dependen administrativamente das Illas Mauricio aínda que están situadas a máis de 300 km o extremo sur, polo tanto están administradas dende a súa capital Port Louis. As illas son parte das illas Mascareñas.
Historia
O atol foi probablemente descuberto no 975 d.C. por navegantes árabes xunto con Dina Arobi ("Illa Abandonada" - Mauricio) e denomináronse Baixos no planisferio de Cantino de 1502.
Foi nomeado en 1506 por navegantes portugueses que desembarcaron para aprovisionarse no seu camiño cara á India, cartografouse por primeira vez polos portugueses en 1546 como dous grupos de illas: São Brandão e Cargados Carajos. Segundo Auguste Toussaint, o nome inicial sería Coroa dos Garafos ou “a coroa das aves mariñas”. As illas foron ocupadas en 1598 por holandeses e pasaron a ser protectorado francés en 1722. O dominio británico iniciouse en 1810. Os primeiros mapas detallados apareceron en 1742 xa coma base pirata. No mapa do mundo de Samuel Dunn de 1794 denomínase a Saint Brandon "Cargados".
En 1806 Napoleón ordenou a proclamación do Código Civil como Lei de Mauricio e as súas illas. Cando, en 1810, Mauricio e as súas illas foron tomadas pola forza das armas pola Gran Bretaña, os artigos da capitulación confirmaron aos habitantes, de acordo coa práctica constitucional británica, a continuidade das súas propias leis, é dicir, o Código Napoleón tal e como era entón.
As illas pasaron a formar parte dunha colonia da coroa británica en 1810. En 1820 o entón gobernador xeral de Mauricio concedeu goces aos cinco grupos do seguinte xeito. Só concedeulle a Ozile Majestre o goce exclusivo sobre un grupo, as Iles Boisées, e a dous individuos, Ozile Majestre e Dominique Bétuel, jouissances en partage sobre outro grupo de seis illas (Petits Foux, Lavocaire e outras catro). Concedeu outros tres goces exclusivos a M. Burceret (La Baleine e l’île aux Cocos), respectivamente, Mme. Veuve Raphaël (l'île Raphaël) e Mr William Stone (Ile Veronge e Ile aux Bois). Todos estes goces eran ilimitados no tempo. En virtude dunha escritura de cesión do 4 de setembro de 1900, M. Louis Souchon, ao parecer o entón propietario dos bens relacionados coas Iles Boisées e as seis illas, vendeu os goces á St Brandon Fish & Manure Co. Ltd. En virtude dunha segunda escritura datada o 20 de setembro de 1900, A cooperativa de Mauritius Engrais Chimiques Co. Ltd., actuando como propietaria dos tres goces restantes, vendeunos á St Brandon Fish & Manure Co. Ltd., que adquiriu así os cinco grupos do arquipélago de Cargados Carallos. Solicitouse ao Goberno colonial que dese o seu consentimento para tales vendas, e o 19 de outubro de 1900 notificou á empresa compradora que non tiña obxeccións ás transferencias sempre que (en tradución) "o goce que dita sociedade posúe das devanditas illas e illotes convertidos segundo o artigo 26 [da Ordenanza de 1874] en arrendamento permanente". O requisito do goberno aceptouse pola empresa compradora e levou á escritura do 11 de outubro de 1901. A escritura, descrita como un "arrendamento permanente polo goberno colonial á St Brandon Fish & Manure Company Limited" foi executada en nome do goberno por o Topógrafo Xeral, M.de Coriolis, quen en nome do goberno ratificou as dúas vendas de setembro de 1900 á empresa compradora. A Escritura declarou formalmente que "... o goce que actualmente ten a St Brandon Fish & Manure Company Ltd das illas e illotes mencionados anteriormente converterase nun arrendamento permanente de acordo coa ordenanza anterior, [coa empresa] reclamando os dereitos daqueles aos que o goberno de Mauricio concedeullo orixinalmente: e que o contrato de arrendamento debía comezar a partir do 2 de outubro de 1901.[3][4] O "arrendamento permanente". "contiña unha serie de condicións. En particular, a St Brandon Company debía exportar todo o guano que atopase nas illas e pagarlle ao goberno unha regalía de 5 rupias por tonelada. Todo o produto das illas debía enviarse a Mauricio. Ademais, "les clauses & conditions contenues aux actes de concession de la suds: jouissance sont maintenues dans leur intégralité & lieront la Société... envers le Gouvernement Colonial...." (as cláusulas e condicións contidas nas escrituras de concesión... mantéñense na súa totalidade e obrigarán á empresa... fronte ao goberno colonial...). A empresa tamén debía pagar ao goberno unha suma anual dunha rupia, que debía pagarse o 2 de outubro de cada ano.
En tempos máis modernos, as illas foron explotadas para obter fosfatos derivados do guano. A minería cesou a mediados do século XX.
O arquipélago de Cargados Carrallo foi inspecionado polas autoridades coloniais británicas o 31 de marzo de 1911 como parte do Censo de Mauricio. Atopou unha poboación total de 110 habitantes, formada por 97 homes (86 non indios e 11 indios) e 13 mulleres (10 non indias e 3 indias).[5] Aínda que o arquipélago probablemente tiña poboación residente neste momento, como indican os 8 nenos menores de 15 anos e as 5 persoas maiores de 60 anos, tamén é probable que houbese unha compoñente estacional, sendo o segmento de poboación máis grande os homes de entre 20 e 35 anos.[6] 73 homes traballaban na pesca, 11 nas minas de guano e 4 eran carpinteiros de barcos.[7] Só rexistrouse unha persoa (masculina) nacida en Cargados Carallos.[8]
O censo de 1911 informou de que tres das 39 casas de Cargados Carallos estaban construídas en pedra e oito en madeira, e 28 en palla. A maioría destas eran vivendas dun só cuarto, pero 10 tiñan dúas habitacións e unha tiña tres. Tamén había oito tendas ou almacéns e unha capela dun cuarto.[9]
Durante outubro-novembro de 1917, as illas de Cargados Carallos e, en particular, a lagoa da illa de Cocos, utilizáronse como base polo navío de asalto alemán Wolf,[10] comandado polo capitán de fragata Karl August Nerger. En Cocos I., o Wolf transfiríu carbón e provisións dun barco xaponés capturado, o Hitachi Maru, nunha operación que levou tres semanas. Necesitaba o carbón para regresar o barco a Alemaña. Para iso, o Wolf tivo que enfrontarse aun grupo de buques de guerra aliados desde preto do cabo da Boa Esperanza ata o Atlántico Norte. O 7 de novembro de 1917, os alemáns afundiron o Hitachi Maru a 16 millas da costa e o Wolf partiu.[11] Chegaron ao seu porto base de Kiel o 24 de febreiro de 1918. Levaba a bordo 467 prisioneiros de guerra dos buques capturados, así como cantidades substanciais de caucho, cobre, cinc, latón, seda, copra, cacao e outros materiais.
No censo de 1921, a poboación caera a só 22 habitantes. Había 21 homes (entre 19 e 48 anos) e só unha muller, unha católica casada, de 31 anos. 14 persoas foron identificadas como parte da "poboación xeral", con 11 deles nacidos en Mauricio, un en Rodrigues e dous nas Seychelles. Ademais, había 3 indomauricianos e 5 "outros indios" de Madrás, Calcuta e Colombo.[12]
O emprego máis común en Cargados Carallos en 1922 era a agricultura, cun director, un subdirector e 11 obreiros. Só dous mozos foron rexistrados como pescadores. Tres homes traballaban de carpinteiros, un de albanel, un de zapateiro e outro de empregado doméstico. Non había ningún indicio de que as minas de guano estivesen operando.[13]
En 1925, os liquidadores da St Brandon Company venderon o dereito do arrendamento permanente a France Ulcoq, quen o vendeu en 1928 á Raphael Fishing Co Ltd ("Raphael Fishing").
Mauricio e as súas illas convertéronse nun estado independente dentro da Commonwealth en 1968 e nunha república en 1992.
En 2011, o Ministerio de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible publicou o "Informe de Perspectivas do Medio Ambiente de Mauricio" que afirmaba que "Para as Illas Exteriores de... Carcados Carallos, son necesarias melloras importantes para promover o desenvolvemento, a protección ambiental e o uso sensato dos recursos naturais.."
Lista das illas
O atol que dá orixe aos baixios e illas que forman o grupo ten o seu bordo máis elevado do lado oeste. É ao longo dese lado do atol onde están os diversos illotes e rochedos que constitúen as illas Cargados Carallos. Dun total de cerca de 40 illotes e rochas, de norte a sur, estes son os principais:
85 homes e 2 mulleres. 54 homes e unha muller eran da "poboación xeral"; 29 homes eran indomauricianos, e dous homes e unha muller eran "outros indios"[18]
14 persoas foron identificadas como parte da "poboación xeral", con 3 indomauricianos e 5 "outros indios". 21 eran homes e só unha muller.[20]
1931
61
Todos eran homes, dos cales nove estaban casados e un era indio. A pesca era a ocupación de 59 dos homes, mentres que dous eran empregados domésticos. A maioría eran católicos, pero na illa vivía un musulmán.[21]
1944
93
Todos eran homes, dous deles de etnia india, e o resto da "poboación en xeral".[22]
1952
136
124 homes (un dos cales era etnicamente chinés) e 12 mulleres.[23]