O cardo da ribeira[1] (Eryngium maritimum) é unha planta perenne pertencente á familia das apiáceas. É nativa das rexións costeiras de Europa, cultivada frecuentemente en xardinaxe polas súas flores de cor azul metálica. Moi común nas dunas das praias galegas.
Descrición
É unha planta vivaz psamófila, é dicir, medra preferentemente en terreos areentos, e conta cunha roseta basal, da que agroman talos duros e espiñentos, dunha característica cor azulada ou prateada, que acadan os 50 centímetros de altura. Estes talos teñen un miolo esponxoso abrancazado. Follas basais de 8x25-5x16 cm, moi coriáceas, máis largas ca longas, suborbiculares, palmatilobadas ou cordadas, con nervios prominentes e con 3-5 lobos espiñentos, sendo o central máis estreito; pecíolo enteiro, uns2/3 alonxitude da lámina. As follas caulinares miden 2–5 cm, ovovadas e con tres lobos apicais espiñentos. Flores azuladas, en grosos capítulos subglobosos de 10-30 x 10–25 mm, dispostos en dicasios ou tricasiso e arrodeados por un envolucro de brácteas oblongo - cuneadas, con 1-3 pares de espiños maiores ca o capítulo e de textura semellante ás follas; os sépalos, 4–5 mm, maiores ca os pétalos, lanceolados, cun nervio central prominente que se prolonga en forma de espiño; pétalos estreitos, erectos, cunha fenda marcada. Froito escamoso. Florean entre xullo e outubro[2].
Hábitat
En dunas primarias e secundarias. Acompáñase de gramíneas propias dos sistemas dunares costeiros non estabilizados.
Usos
Os talos tenros consómense ocasionalmente coma substituto do espárrago, considerándose afrodisíacos. É lixeiramente doce, e o cheiro lembra ao da cenoura.
Let the sky rain potatoes; let it thunder to the tune of Green-sleeves, hail kissing-comfits and snow eringoes, let there come a tempest of provocation... (William Shakespeare, "The Merry Wives of Windsor", Act 5, scene v)
Nomes comúns
Alén de cardo da ribeira, tamén recibe os nomes de cardo bravo e cardo marítimo.[4]
Eryngium: nome xenérico que probabelmente fai referencia á palabra que lembra ao ourizo: "Erinaceus" (especialmente desde o grego "erungion" = "ción"), senón que tamén podería derivar de "eruma" (= protección), en referencia ás follas espiñentas das plantas deste tipo.
maritimum: epítetolatino que significa "marítimo, mariño, achegado á beiramar".[7]
↑William Shakespeare. Open Knowledge Foundation, ed. "The Merry Wives of Windsor". Open Shakespeare. Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2010. Consultado o 01 de abril de 2014.
Gleason, H. A. 1968. The Choripetalous Dicotyledoneae. vol. 2. 655 pp. In H. A. Gleason Ill. Fl. N. U.S. (ed. 3). New York Botanical Garden, Nova York.
Gleason, H. A. & A.J. Cronquist. 1991. Man. Vasc. Pl. N.E. U.S. (ed. 2) i–910. New York Botanical Garden, Bronx.
Mathias, M. E. & L. Constance. 1941. A synopsis of the North American species of Eryngium. Amer. Midl. Naturalist 25(2): 361–387.
Radford, A. E., H. E. Ahles & C. R. Bell. 1968. Man. Vasc. Fl. Carolinas i–lxi, 1–1183. University of North Carolina Press, Chapel Hill.