Cardiomegalia

Cardiomegalia
Clasificación e recursos externos
Cardiomegalia nunha radiografía de tórax, amosando tamén un marcapasos artificial.
ICD-10I51.7
ICD-9429.3
DiseasesDB30769
MeSHD006332
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A cardiomegalia é un termo empregado en medicina para describir o agrandamento anormal do corazón ou hipertrofia cardíaca. Trátase dun signo que adoita aparecer en persoas con insuficiencia cardíaca crónica, ademais doutros tipos de miocardiopatías.[1]

Pode ser unha manifestación da doenza de Wernicke.

Clasificación

A cardiomegalia pode afectar a un ou ambos ventrículos ou aurículas. Habitualmente clasifícase do seguinte xeito:

Sintomatoloxía

A cardiomegalia implica, pola súa definición, que a mecánica de latexo do corazón estea alterada, isto é, o corazón terá problemas para bombear o sangue ao resto do corpo. Isto acrecéntase en situacións de esforzo físico. Así, os principais síntomas indicativos de cardiomegalia son:

  • Astenia ou cansazo.
  • Mareos.
  • Tose improdutiva.
  • Dificultade para respirar, a respiración é acelerada e con sensación de falta de folgos.
  • Trastornos do ritmo cardíaco, como arritmias, aumento do ritmo cardíaco taquicardia ou palpitacións.
  • Edema, sobre todo nos pés e nocellos.

Diagnóstico

En moitas ocasións unha simple exploración física dos signos e síntomas abonda para diagnosticar ou sospeitar cardiomegalia. As flutuacións do pulso, a tose e sobre todo a dificultade respiratoria orientan o diagnóstico de cardiomegalia. O xeito máis doado de observar a cardiomegalia é mediante unha radiografía simple do tórax. A definición radiolóxica de cardiomegalia é unha silueta cardíaca (corazón) que ocupa máis da metade do espazo que o que ocupan a suma dos dous pulmóns. O electrocardiograma é útil para determinar se hai trastornos do ritmo cardíaco típicos da cardiomegalia, como a taquicardia ou outras arritmias. Tamén pode facilitar o diagnóstico da doenza subxacente, isto é, da patoloxía de base que está a causar o agrandamento do tamaño do corazón, como pode ser a insuficiencia cardíaca ou as cardiomiopatías. Outras probas de utilidade son a TAC, o ecocardiograma, o cateterismo cardíaco ou a proba de esforzo.

Tratamento

O tratamento da cardiomegalia ha de enfocarse a tratar a causa que a provoca. Así, se se determina que a cardiomegalia está a ser causada por unha insuficiencia cardíaca, o tratamento ha de ser o específico para esta doenza, isto é, diuréticos, IECAs, digoxina etc. A cirurxía é en ocasións unha solución válida.

Notas

  1. Cardiomegaly (cardiomegalia) en National Library of Medicine - Medical Subject Headings (en inglés).
  2. Enlarged Heart en American Heart Association (en inglés).
  3. Cardiomegalia en Medciclopedia: Dicionario ilustrado de termos médicos.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas