Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Carballido.
Carballido é un lugar da parroquia da Graña no concello coruñés de Ponteceso na Comarca de Bergantiños. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2018 tiña 96 habitantes (47 homes e 49 mulleres).
Neste lugar está a igrexa parroquial de San Vicenzo, de estilo barroco. Foi construída no século XVII, sobre o mosteiro de San Vicenzo de Almerezo do que non quedan restos. O mosteiro de Almerezo fora fundado o 7 de maio de 867 por Rosendo de Celanova, daquela bispo de Santiago[1].
Lugares e parroquias
Lugares da Graña
Parroquias de Ponteceso
Notas