Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Carballedo.
San Miguel de Carballedo é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2011 tiña 329 habitantes (143 homes e 186 mulleres), o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 350 habitantes. Dos 14 lugares da parroquia, 11 están habitados.
O topónimo fai referencia á abundancia de carballos na zona.
Patrimonio
No Castro da Cruz atopouse un pendente de ouro[2], e preto do poboado atopáronse restos dunha vila romana[3]. No lugar da Braña está situado o pazo da Braña, do século XVIII. No lugar do Campo da Poza, ao pé do monte Coirego, está o Observatorio astronómico de Cotobade.
Galería de imaxes
-
Igrexa de San Miguel de Carballedo.
-
Pazo da Braña.
-
Cruceiro da Braña.
-
Petróglifo dos Carreiros.
-
Petróglifo da Chan do Muíño.
Lugares e parroquias
Lugares de Carballedo
Parroquias de Cerdedo-Cotobade
Notas
- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ Casal García, R., Concheiro Coello, A. e Reboreda Carreira, A. (2010): "O pendente de ouro da Cruz do Castro de Carballedo (Cotobade, Pontevedra) e o seu contexto arqueolóxico", en Gallaecia nº 29.
- ↑ Concheiro Coello, A. (2010): "Sondaxes arqueolóxicas na Cruz do Castro, Carballedo, Cotobade (Pontevedra)", en Actuacións arqueolóxicas ano 2008. Xunta de Galicia.
Véxase tamén
Bibliografía
- Fraguas, Antón (1955). "Petroglifos del monte Pedreira, en Carballedo", III Congreso Nacional de Arqueología, 1953, Zaragoza, pp. 411-412.
Outros artigos