Capricornio[1] (♑︎) é o décimo signo astrolóxico do zodíaco, o quinto de natureza negativa (feminina) e de calidade cardinal.[2][3] Simboliza a sabedoría e as augas polo deus primordial dos sumerios: Enki; o seu símbolo representa a montaña, pertencendo xunto a Touro e Virxe ó elemento terra.[4] Está rexido por Saturno e dentro desa triloxía de Terra representa a sementeira. O seu signo oposto é Cáncer.[5]
O símbolo astrolóxico presenta un animal híbrido: unha cabra con cola de peixe ou monstro mariño. A cola de peixe simboliza as augas nutritivas onde nace o ser para elevarse ó máis alto grao de espiritualidade. Representa o alicornio co seu único corno protuberante sobre a testa, semellante a unha lanza.[6]
Notas