Capitán Furilo foi unha banda de rock galega procedente de Ponteareas e fundada a mediados do ano 2006. Algúns dos seus membros proviñan da banda O Caimán do río Tea, tamén de Ponteareas.
Traxectoria
A historia da banda comezou cun encontro casual en Dublín a mediados dos 2006 entre Oscar T., que se atopaba alí cunha bolsa de estudos internacionais, e Miguel Pino, de viaxe visitando a familiares. De volta a Galiza completaron a formación do novo proxecto, ao que bautizaron como Capitán Furilo, pola admiración de ambos á serie Hill Street Blues, e comezaron a gravar o que sería a súa primeira maqueta[1].
A principios do ano 2007 lanzaron a través da Regueifa Plataforma o seu traballo de estrea, a maqueta de catro temas (tres en galego e un en inglés), bautizada como Non hai problema. No ano 2008 autoeditaron o seu primeiro EP, titulado Pop?, gravado en outubro de 2007 nos estudios Océano de Nigrán[2].
O seu primeiro álbum, Rock, formado por once cancións, foi gravado nos estudios Élite de Vigo e foi presentado o 7 de novembro do ano 2009 nunha cea-baile en Ponteareas[3].
O 9 de marzo de 2013 deron o seu concerto de despedida na sala JJ Copas de Ponteareas[4].
Membros
- Oscar T. - Batería e percusións
- Miguel Pino - Guitarra e voz
- Monkel S. - Baixo e voz
- Ronchi M. - Guitarra e voz (Rafael Martínez?)
Discografía
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas