Co nome de capitán[1][2] denomínase á persoa que está á fronte, encabeza, dirixe, goberna ou representa un grupo. Etimoloxicamente, o termo parece provir do latíncapitanus, 'xefe', que derivaría, á súa vez, do tamén termo latino caput, 'cabeza', e este do indoeuropeokaput, con igual significado. Existe a figura de capitán en contextos diversos e con características bastante diferenciadas.
Nos diferentes corpos militares, un capitán é o maior oficial de rango intermedio. O grao de capitán é inmediatamente inferior ao de maior e inmediatamente superior ao tenente, normalmente están ao mando de compañías militares (70-250 soldados). Nos corpos de Mariña, nalgúns países, o rango equivalente a capitán é o de tenente de navío, mentres que o de capitán de navío é equivalente ao de coronel nos exércitos de terra ou aire.