Capitanía Xeneral de VenezuelaEstado histórico Imperio Español
Creación 1777 Disolución 1823
A Capitanía Xeneral de Venezuela foi unha entidade territorial ultramarina das Indias , integrante do Imperio español , establecida pola Coroa española durante o seu período de dominio americano, que abarcaba un territorio similar ao da actual Venezuela .
Foi creada en 1777 para dotar de máis autonomía á provincia de Venezuela , que antes estaba baixo a xurisdicón do Vicerreinado de Nova Granada e da Audiencia de Santo Domingo , como parte da Reforma borbónica e sentou as base para a futura nación de Venezuela, en particular pola orientación da Provincia de Maracaibo cara a Caracas .
Foi gobernada por distintos Capitáns Xenerais, exceptuando un breve período cando gobernou a Xunta Suprema de Caracas tras da renuncia de Emparan ata marzo de 1811 .