Canyon foi unha serie de satélites artificiais adicados á espionaxe electrónica. Foi a primeira serie de satélites da Oficina Nacional de Recoñecemento dos Estados Unidos de recoñecemento electrónico e órbita case xeoestacionaria. Foron lanzados baixo a denominación AFP-827 e Programa 7500. A finalidade principal dos satélites Canyon era interceptar comunicacións soviéticas, en particular ligazóns de microondas na liña de visión dos satélites, pero tamén transmisións en VHF.
O contratista principal dos satélites foi Lockheed. Suponse que usaban antenas de ata 10 m de diámetro e que estaban estabilizados nos tres eixos. Lanzáronse un total de sete satélites Canyon mediante foguetes Atlas-Agena D, seis deles chegando a órbita sen problemas e un perdido durante o lanzamento. Os tres primeiros sufriron distintos grados de problemas durante a súa operación, mentres que os tres últimos funcionaron sen problemas e cumprindo cos seus obxectivos.
Foron sucedidos pola serie de satélites Chalet.
Historial de lanzamentos
Satélite
|
Data
|
Sitio de lanzamento
|
Foguete
|
Resultado
|
Notas
|
Canyon
|
6 de agosto de 1968
|
Cabo Cañaveral, rampla de lanzamento 13
|
Atlas-Agena D
|
Éxito
|
Primeiro lanzamento dun Canyon.
|
Canyon
|
13 de abril de 1969
|
Cabo Cañaveral, rampla de lanzamento 13
|
Atlas-Agena D
|
Éxito
|
|
Canyon
|
1 de setembro de 1970
|
Cabo Cañaveral, rampla de lanzamento 13
|
Atlas-Agena D
|
Éxito
|
|
Canyon
|
4 de decembro de 1971
|
Cabo Cañaveral, rampla de lanzamento 13
|
Atlas-Agena D
|
Fallo
|
Fallo da primeira etapa.
|
Canyon
|
20 de decembro de 1971
|
Cabo Cañaveral, rampla de lanzamento 13
|
Atlas-Agena D
|
Éxito
|
|
Canyon
|
18 de xuño de 1975
|
Cabo Cañaveral, rampla de lanzamento 13
|
Atlas-Agena D
|
Éxito
|
|
Canyon
|
23 de maio de 1977
|
Cabo Cañaveral, rampla de lanzamento 13
|
Atlas-Agena D
|
Éxito
|
Último lanzamento dun Canyon.
|
Notas
Véxase tamén
Outros artigos