A cantiga de labor é un subxénero da lírica consistente nunha cantiga destinada a acompañar o traballo.
En Galiza os labores do campo acompañábanse moitas veces con cantigas, mais isto foi desaparecendo na segunda metade do século XX coa chegada da mecanización e a diminución dos traballos cooperativos. Quedan exemplos de cantos de seitura, de sementeira...