Cantelar é un lugar da parroquia de Boullón no concello coruñés de Brión na comarca de Santiago. Tiña 51 habitantes no ano 2010 segundo datos do IGE, dos cales 22 eran homes e 29 eran mulleres.
Nun souto entre Cantelar e o río Pego está o petróglifo de Cota Cornido no que se poden apreciar dúas cazoletas de 20 cm. de fondo e 15 de diámetro. Está atravesado horizontal e verticalmente por un conxunto de incisións curvilíneas.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Lugares e parroquias
Lugares de Boullón
Parroquias de Brión