Esta parroquia está bañada pola súa cara de nordés polo estuario que forma o río Anllóns e atravesada de oeste a leste polo rego dos Muíños, que é afluente do río Anllóns e que recibe este nome polos muíños de auga que ten (arredor duns 20 muíños), que vai recollendo as augas que flúen polos distinto regos que forman as ladeiras do val que forma este río.
Do antigo mosteiro apenas quedan restos. A casa reitoral sufriu grandes reformas, e as pedras do cabazo foron utilizadas como perpiaños para o revestimento da fachada da igrexa, unha idea que se lle ocorreu o párroco Manuel Costa, que foi o quen reformou o resto do templo.
Ao redor do mosteiro foise creando a aldea de Canduas, que aínda conserva a súa estrutura medieval. Cerca da casa parroquial atópase a casa dos Romero, que consta de dous edificios, un máis moderno e reformado con escudo, e outro máis antigo, datado de 1660 como se pode ler nun gravado que se atopa encima da entrada principal. O cruceiro que hai ao seu carón tamén foi mandado construír polos donos desta casa como se pode ler nun gravado que ten no seu pedestal.
Patrimonio
Castro de Sinde: Asentamento fortificado da Idade de Ferro. A súa croa, de forma case circular, posúe unhas medidas de 86 x 70 m de diámetro. Esta bordéase en todo o seu perímetro por un terraplén que a separa do terreo circundante. Contra a banda.Este castro localízase en terreos de cultivo e o seu estado de conservación é bo.
Capela de Fátima, Sinde: foi erguida durante a posguerra. Hoxe, semiderruída, aínda conserva o arco oxival e pinturas nas bóvedas do altar.
Igrexa de San Martiño de Canduas[2]: a súa orientación é distinta á tradicional, xa que mira cara ao norte. Foi construída a comezos do século XX sobre os restos dun antigo mosteiros, aproveitando as doelas do hórreo. A nave e a capela lateral están cubertas por unha bóveda de canón lixeiramente apuntada; a capela leste cóbrese con falsas bóvedas de crucería.
Casa do concello da II República: Durante o século XIX e primeiras décadas do XX non existían Casas do Concello. Durante a II República, o alcalde Alejo Varela Centeno levantou estas dependencias municipais que nunca chegaron a cumprir a finalidade para a que foron construídas.
Rutas Turísticas
Canduas ten dúas das rutas turísticas guiadas ofrecidas polo concello de Cabana de Bergantiños. Ademais ten dúas sendas, unha marítima e outra fluvial:
Miradoiro das Grelas: é unha pequena área de descanso situada a dereita da estrada, con vista panorámica sobre A Barra e o Monte Branco. A Barra é unha lingua de area que separa as augas oceánicas da ría de Corme e Laxe das fluviais do esteiro do Anllóns.
Monte do Castelo: é o pico máis alto da parroquia de Canduas, dende o que se observa a parroquia e os concellos lindantes, e albíscase a cidade da Coruña.
Hermosinda de Tabuído: Cantareira, nada en Tabuído en 1914 e falecida en 1989. Natural dunha terra de importante tradición popular, e instruída nunha escola rural, xa creaba coplas dende moi pequena.[7]