Canción de solpor (en inglés: Sunset Song) é unha novela de 1932 do escritor escocés Lewis Grassic Gibbon. É amplamente considerada unha das máis importantes novelas escocesas do século XX. É a primeira parte da triloxía A Scots Quair. Foi obxecto de numerosas adaptacións, incluíndo unha serie de televisión de 1971 creada por BBC Scotland, un filme e algunhas versións de teatro.
Foi traducida ó galego por Celia Recarey[1] e foi publicada pola editorial Irmás Cartoné no ano 2018.
Sinopse
A personaxe principal é unha rapaza nova, Chris Guthrie, que crece no seo dunha familia granxeira do estado fiticio de Kinraddie en The Mearns, no nordeste de Escocia, a comezos do século XX. Para Chris a vida é dura, e a súa familia é disfuncional.
Notas