O Campo da Compañía é a praza máis importante da vila de Monforte de Lemos, na provincia de Lugo.
Características
A cara oeste da praza está presidida pola fachada principal do Colexio da Nosa Señora da Antiga, que alberga actualmente o Colexio dos Escolapios e foi fundado polo cardeal Rodrigo de Castro.[1] A praza adquiriu o nome da Compañía pola Compañía de Xesús, á que o cardeal encomendou esta fundación.
A praza está formada por unha grande explanada de pedra, zonas verdes e árbores, un parque infantil e unha pista polideportiva. Está delimitada pola rúa Escultor Francisco Moure ao nordés e polo Paseo de Lugo ao sur, e á praza chegan as rúas Cardeal Rodrigo de Castro, Historiador Dalmiro de la Válgoma, Reboredo, Duquesa de Alba, Carude e Acea Nova.[2]
Notas