O Campionato de Galicia da Serie A 1922/23 foi a novena edición do Campionato de Galicia de fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol. Comezou en novembro de 1922 e rematou en abril de 1923. O primeiro posto do torneo outorgaba a clasificación para a Copa de España.[1]
Participaron o Fortuna de Vigo, o Vigo Sporting Club, o Deportivo da Coruña, o Unión Sporting Club e o Pontevedra Athletic Club. O torneo disputouse en forma de liga a dúas voltas.[2] Proclamouse campión o Vigo Sporting.[3]
Calendario
Primeira volta
Segunda volta
Clasificación
Notas