O Campionato de Galicia da Serie A 1921/22 foi a oitava edición do Campionato de Galicia de fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol. Comezou en novembro de 1921 e rematou en marzo de 1922. O primeiro posto do torneo outorgaba a clasificación para a Copa de España.[1]
Participaron o Fortuna de Vigo, o Vigo Sporting Club, o Deportivo da Coruña e o Pontevedra Athletic Club. O torneo disputouse en forma de liga a dúas voltas. O Deportivo da Coruña foi descualificado por causa dunha agresión sufrida polo árbitro durante un encontro en Riazor fronte ó Pontevedra Athletic.[2][3] Proclamouse campión o Fortuna de Vigo.[4]
Calendario
(1) A vitoria foi outorgada ó Pontevedra Athletic por non se presenta-lo Vigo Sporting.[5]
Partidos anulados
(2) O partido foi suspendido antes de que rematase o tempo regulamentario.[6][7]
Clasificación
Os puntos dos partidos do Deportivo da Coruña foron concedidos ós seus rivais trala descualificación.[8]
Notas