O Campionato de Galicia da Serie A 1920/21 foi a sétima edición do Campionato de Galicia de fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol. Comezou en xaneiro de 1921 e rematou en marzo do mesmo ano. O primeiro posto do torneo outorgaba a clasificación para a Copa de España.[1]
Participaron o Fortuna de Vigo, o Vigo Sporting Club, o Deportivo da Coruña, o Pontevedra Athletic Club e o Real Alfonso XIII de Vilagarcía. O torneo foi disputado en forma de liga a dúas voltas. O Real Alfonso retirouse do campionato antes da súa conclusión,[2][3] após ser sancionado co peche do seu campo ata a fin da tempada[4] por causa dunha agresión sufrida polo árbitro durante un encontro na Lomba fronte ó Vigo Sporting.[5] Proclamouse campión o Fortuna de Vigo.[2][6]
Calendario
Primeira volta
Segunda volta
(1) A vitoria foi outorgada ó Pontevedra Athletic por non se presenta-lo Deportivo da Coruña.[2]
Partidos anulados
(2) O partido foi suspendido no descanso.[5]
Clasificación
Os puntos dos partidos do Real Alfonso foron concedidos ós seus rivais trala retirada.[2]
Notas