O Campionato de Galicia 1914/15 foi a segunda edición do Campionato de Galicia de fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol. Comezou en novembro de 1914 e rematou en marzo de 1915. Nesta edición por primeira vez o Campionato de Galicia outorgaba tamén a clasificación para a Copa de España.[1]
Inscribíronse o Fortuna de Vigo, o Vigo Sporting Club e o Real Club Coruña.[2] O torneo foi disputado en forma de liga a dúas voltas. Durante un partido entre o Coruña e o Fortuna, os coruñistas retiráronse do campo 25 minutos antes da fin do tempo regulamentario en protesta pola arbitraxe sufrida, actuando como detonante que o árbitro sancionase con penalti unha carga no centro do campo.[3][4] Isto supuxo a descualificación do conxunto herculino,[5] que naquela altura lideraba o campionato, e deixou o torneo nun cara a cara entre os dous clubs vigueses, que remataron a liga empatados e tiveron que xogar unha final de desempate na que foi vencedor o Fortuna.[6]
Calendario
(1) O R.C. Coruña retirouse 25 minutos antes da fin do encontro.[3]
Clasificación
Os puntos dos partidos do R.C. Coruña foron concedidos ós seus rivais trala descualificación.[5]
Posicións por xornada
Final de desempate
Controversias
Descualificación do Real Club Coruña
No quinto partido da liga, xogado entre o Coruña e o Fortuna, os coruñistas deixaron o campo 25 minutos antes do final do encontro, despois de que o árbitro Arturo Álvarez (membro do Vigo Sporting) asubiase penalti despois dunha carga feita no centro do campo por un xogador coruñista sobre outro fortunista.[3] En resposta, a Federación Galega de Fútbol descualificou o conxunto coruñés, outorgando os seus puntos ó Fortuna e ó Vigo Sporting, e prohibiulle xogar partidos contra outros clubs durante o mes de febreiro.[5]
O Real Club Coruña interpuxo unha queixa na Real Federación Española de Fútbol, a cal sentenciou que o Coruña tiña razón nas súas protestas e non podía ser excluído da competición e debía seguir tomando parte das eliminatorias, quedando dese xeito os tres equipos empatados a puntos e tendo que se realizar un desempate entre os mesmos.[7][8] A FGF non asumiu a devandita sentenza e deciciu leva-lo asunto a unha asemblea extraordinaria, na que a meirande parte dos clubs deron a razón ó Real Club Coruña,[7][8] feito que propiciou que o comité directivo do ente federativo presentase a súa dimisión.[9] A falta de tempo para disputa-lo devandito desempate, debido ó inminente comezo da Campionato de España, provocou que finalmente a RFEF concedese a praza ó Fortuna de Vigo.[10]
Agresións
Un grupo de persoas, entre as que segundo os testemuños recadados pola prensa se atopaban varios xogadores do Fortuna de Vigo, agrediu a Carlos González de Ancos (do Deportivo Auténtico F.C.), árbitro do sexto partido do campionato no que o Vigo Sporting gañou ó Fortuna e empatou o torneo.[11] A agresión foi cometida após o partido, cando Ancos saía da sede da Federación en Vigo.[12] Nalgúns medios mesmo se falou de que os agresores portaran armas de fogo.[13] Sorprendentemente, a decisión da directiva da FGF foi a de inhabilitar a Ancos ata maio dese mesmo ano, alegando que existira parcialidade na súa arbitraxe.[14] Ancos solicitou a suspensión de catro xogadores do Fortuna ante a FGF,[15] pero o organismo ditaminou oficialmente que segundo as súas investigacións non había xogadores do Fortuna entre os agresores, recibindo críticas por se negar a rexistra-los testemuños por escrito durante a investigación.[15][16]
Simultaneamente, tamén apareceu publicado que un xogador do Fortuna agredira a outro do Vigo Sporting na rúa.[17]
Notas
- ↑ "Notas de sport. El partido de hoy". Noticiero de Vigo nº 12.021 (en castelán). 7 de marzo de 1915. p. 1.
- ↑ "Sección de Noticias". La Correspondencia Gallega nº 7.454 (en castelán). 23 de outubro de 1914. p. 3.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Balompié". El Progreso nº 2.879 (en castelán). 20 de febreiro de 1915. p. 2.
- ↑ "Notas de Sport. Coruña-Fortuna". Eco de Galicia nº 2.693 (en castelán). 1 de febreiro de 1915. p. 1.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 "Notas de sport". El Noroeste nº 9.869 (en castelán). 4 de febreiro de 1915. p. 1.
- ↑ "Notas de Sport. El Campeonato". Noticiero de Vigo nº 12.022 (en castelán). 9 de marzo de 1915. p. 1.
- ↑ 7,0 7,1 "Notas de sport. Fin de un pleito". Eco de Galicia nº 2.751 (en castelán). 31 de marzo de 1915. p. 1.
- ↑ 8,0 8,1 "Notas de sport". El Noroeste nº 9.925 (en castelán). 1 de abril de 1915. p. 1.
- ↑ "Notas de sport". Eco de Galicia nº 2.760 (en castelán). 10 de abril de 1915. p. 2.
- ↑ "Notas de sport". El Noroeste nº 9.399 (en castelán). 16 de abril de 1915. p. 2.
- ↑ "Notas de sport. Campeonato de España". Noticiero de Vigo nº 11.999 (en castelán). 9 de febreiro de 1915. p. 2.
- ↑ "Notas de sport". El Noroeste nº 9.874 (en castelán). 9 de febreiro de 1915. p. 1.
- ↑ "La agresión a un referee". El Noroeste nº 9.875 (en castelán). 10 de febreiro de 1915. p. 1.
- ↑ "Notas de sport. Después de un partido". Noticiero de Vigo nº 12.001 (en castelán). 11 de febreiro de 1915. p. 3.
- ↑ 15,0 15,1 "Notas de sport. Siga la broma". Noticiero de Vigo nº 12.002 (en castelán). 12 de febreiro de 1915. p. 1.
- ↑ "Notas de sport. El Campeonato". Noticiero de Vigo nº 12.007 (en castelán). 19 de febreiro de 1915. p. 1.
- ↑ "Notas de sport. Alrededor de un partido". Noticiero de Vigo nº 12.000 (en castelán). 10 de febreiro de 1915. p. 1.