O Campionato de Galicia da Serie A 1935/36 foi a vixésimo segunda edición do Campionato de Galicia de fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol. Comezou en setembro de 1935 e rematou en novembro do mesmo ano. O primeiro posto do torneo outorgaba a clasificación para a Copa de España.
Participaron o Club Lemos, o Eiriña Club de Fútbol, o Racing Club de Ferrol, o Lugo Sporting Club, o Club Coruña e o Vilagarcía Foot-ball Club. O Celta de Vigo, o Deportivo da Coruña e o Unión Sporting Club non participaron por tomaren parte do Campionato Mancomunado Galaico-Ástur desa tempada. O torneo foi disputado en forma de liga a dúas voltas. Proclamouse campión o Club Lemos.[1]
Calendario
Primeira volta
Segunda volta
(1) O partido non se xogou por problemas xurdidos no Eiriña, sendo outorgados os puntos en disputa ó Lugo Sporting.[2]
Clasificación
Notas
Véxase tamén
Outros artigos