O Campionato de Europa de hóckey a patíns feminino 2013, foi a 12ª edición do Campionato de Europa de hóckey a patíns feminino. A competición disputouse na cidade asturiana de Mieres (España), que acolleu o torneo por primeira vez. O campionato comezou o 17 de decembro de 2018 e finalizou o 21 de decembro coa disputa da final.
Nesta edición participaron un total de 4 equipos, un menos que na edición anterior. Aos combinados de España, Portugal e Francia, participantes nesta edición estiveron presentes na edición anterior disputada dous anos antes en Wuppertal (Alemaña), uniuse a selección de Italia. Disputáronse un total de 6 partidos nos tres días de competición.
Ao final da competición a selección española revalidou o título conseguido na edición anterior, facéndose así co seu cuarto título continental, e terceiro consecutivo, algo que ata o momento só conseguira a selección portuguesa entre 1995 e 1999.[1]
Organización
En xuño de 2013 anunciouse a designación do Pavillón Visiola Rollán, na localidade asturiana de Mieres como sede da 12ª edición do Campionato de Europa Feminino. A competición foi organizada pola Real Federación Española de Patinaxe coa colaboración de Assyssport, CyC e Grupo Asturema.[2]
Aínda que inicialmente o campionato debía terse celebrado entre os días 9 e 14 de setembro, o día 20 de xullo a executiva do CERH tomou a decisión de suspender o campionato de acordo co disposto no artigo 1.1 do regulamento de eventos deportivos da CERS, que sinala:[3]
“
|
... todos os Campionatos Europeos deben ter, canto menos, a participación de cinco países distintos.
|
”
|
Ante o malestar da Real Federación Española de Patinaxe pola suspensión do Campionato, para cuxa celebración xa se destinaran recursos, o CERH informou de que realizaría as xestións necesarias para que se puidera realizar no mes de novembro ou decembro dese mesmo ano.[3] Finalmente, a finais do mes de novembro, o CERH comunicou o calendario do Campionato de Europa, que contaría finalmente con catro equipos (España, Francia, Italia e Portugal), e que se disputaría entre os días 17 de 21 de decembro de 2013. No mesmo comunicado o máximo organismo do hóckey a patíns europeo sinalou o sistema de competición, que constou de dúas fases:[4]
- Unha primeira fase en forma de liguiña na que todos os equipos se enfrontaron entre si.
- Unha fase final na que o primeiro equipo clasificado se enfrontou ao cuarto, e o segundo ao terceiro en semifinais. Os gañadores deses enfrontamentos disputaron a final, mentres que os perderores disputáronse o terceiro e cuarto posto.
No mediodía do 17 de decembro, poucas horas antes do inicio da competición, tivo lugar a recepción da alcaldía da cidade de Mieres ás catro seleccións participantes, así como aos corpos técnicos, árbitros e membros do CERH. O acto, que tivo lugar na casa do concello da cidade asturiana, estivo presidido polo alcalde Aníbal Vázquez, no mesmo acto, o presidente do CERH Fernando Graça salientou a importancia do hóckey a patíns feminino:[5]
“
|
É moi importante entender que o hóckey a patíns feminino é algo que queremos apoiar e desenvolver moitísimo, estou seguro de que será un gran campionato.
|
”
|
Ese mesmo día, ás 19:00 h tiña lugar a cerimonia de inauguración.[5] Unha hora mái tarde, ás 20:00 h, as seleccións de Portugal e Italia abriron o campionato.[6]
Sede
Todos os partidos do campionato celebráronse no Pavillón Visiola Rollán, un recinto cuberto con capacidade para 1 100 persoas e unha pista de xogo de parquet, e que é o fogar do equipo de hóckey a patíns da cidade, o Club Patín Mieres.[7][8]
O pavillón foi inaugurado o 29 de decembro de 2008 cun partido entre a selección asturiana masculina e un combinado de xogadores estranxeiros da OK Liga.[9] Esta foi a primeira ocasión na que o Pavillón Municipal de Mieres acolleu unha competición internacional de seleccións absolutas de hóckey a patíns, se ben xa acollera o primeiro OK Stars en 2010 e a Copa da Raíña 2009.[10]
Equipos
Nesta edición participaron un total de catro equipos, a participación máis baixa da historia. Nesta edición salientou o retorno do combinado italiano, que reapareceu na competición logo de catro edicións sen competir. Pola súa banda as seleccións de Alemaña e Suíza tomaron parte na competición en Wuppertal en 2011, mais non en Mieres.
Os catro equipos participantes foron os seguintes:
Cadros de xogadoras
- España
A preparación de selección española estivo caracterizada pola intermitencia das sesións de adestramento a causa de coincidir coa disputa da OK Liga Feminina, máxima categoría do hóckey a patíns feminino español. O 9 de decembro o seleccionador española Alberto Mazón, na concentración española no CAR de Sant Cugat, facilitou a lista das dez xogadoras que participarían no Campionato de Europa. O combinado español desprazouse á localidade asturiana de Mieres o domingo 15 de decembro. As dez xogadoras seleccionadas foron as seguintes:[11]
- Francia
A selección francesa chegou a Mieres como campioa do mundo tras derrotar na final do Campionato do Mundo de 2012 disputado en Recife (Brasil) a España.[6] A chegada das francesas á cidade asturiana tivo lugar o luns 16 de decembro.[12]
Francia
Número
|
Nome
|
Posición
|
Data de nacemento
|
Idade
|
Equipo
|
|
Felicia Buis |
|
|
|
|
|
Frederique Denest |
|
|
|
|
|
Camille Renier |
|
|
|
|
|
Maeva Manceau |
|
|
|
|
|
Nolwenn Bena |
|
|
|
|
|
Claire Fay |
|
|
|
|
|
Sidonie Laroche |
|
|
|
|
|
Naomi Zanotto |
|
|
|
|
|
Amina Nedder |
|
|
|
|
|
Elsa Roux |
|
|
|
|
Corpo técnico
|
Adestrador |
Stephane Herin
|
- Italia
A selección italiana, campioa das dúas primeiras edicións da competición en 1991 e 1993, regresou á cita continental logo de sete anos afastada da competición.[6] chegou a Mieres o domingo 15 de decembro.[12]
Italia
Número
|
Nome
|
Posición
|
Data de nacemento
|
Idade
|
Equipo
|
|
Valentina Gaudio |
|
|
|
|
|
Laura Minuzzo |
|
|
|
|
|
Maria Teresa Mele |
|
|
|
|
|
Elena Tamiozzo |
|
|
|
|
|
Luisa Lamacchia |
|
|
|
|
|
Giulia Galeassi |
|
|
|
|
|
Pamela Lapolla |
|
|
|
|
|
Erika Ghirardello |
|
|
|
|
|
Elena Toffanin |
|
|
|
|
|
Sara Zarantonello |
|
|
|
|
Corpo técnico
|
Adestrador |
Giambattista Massari
|
- Portugal
A selección portuguesa chegou a Mieres cun equipo consolidado logo de anos de rexeneración co obxectivo de recuperar un título que non gañaban dende 2001.[6] O luns 16 de decembro tivo lugar a chegada do equipo luso a Mieres.[12]
Portugal
Número
|
Nome
|
Posición
|
Data de nacemento
|
Idade
|
Equipo
|
|
Filipa Azevedo |
|
|
|
|
|
Ana Catarina |
|
|
|
|
|
Rita Lopes |
|
|
|
|
|
Rute Lopes |
|
|
|
|
|
Marlene Sousa |
|
|
|
|
|
Ines Vieira |
|
|
|
|
|
Carolina Gonçalves |
|
|
|
|
|
Maria Barbosa |
|
|
|
|
|
Rita Dias |
|
|
|
|
|
Alexandra Figueiredo |
|
|
|
|
Corpo técnico
|
Adestrador |
Carlos Pires
|
Competición
Fase cualificatoria
Grupo A
|
Pts
|
PX
|
PG
|
PE
|
PP
|
GF
|
GC
|
DG
|
Portugal
|
9 |
3 |
3 |
0 |
0 |
19 |
8 |
+11
|
España
|
6 |
3 |
2 |
0 |
1 |
12 |
4 |
+8
|
Francia
|
3 |
3 |
1 |
0 |
2 |
5 |
13 |
-8
|
Italia
|
0 |
3 |
0 |
0 |
3 |
4 |
15 |
-11
|
- Primeira xornada
17 de decembro de 2013 20:00
|
Portugal
|
7-3
|
Italia
|
Pavillón Visiola Rollán Árbitros: Xavier Blauzen (FRA) e Isaac Sanz (ESP)
|
Catarina (1) Lopes (2) Sousa (2) Barbosa (1) Dias (1)
|
[R 1]
|
Mele (2) Tamiozzo (1)
|
- Segunda xornada
18 de decembro de 2013 20:00
|
Portugal
|
8-3
|
Francia
|
Pavillón Visiola Rollán Árbitros: Carlo Corponi (ITA) e Isaac Sanz (ESP)
|
Rute Lopes (3) Marlene Sousa (2) Ana Catarina (1) Rita Lopes (1)
|
[R 3]
|
Maeva Manceau (1) Nolwenn Bena (1) Frederique Denest (1)
|
- Terceira xornada
Fase final
- Semifinais
20 de decembro de 2013 20:00
|
España
|
4-1
|
Italia
|
Pavillón Visiola Rollán Árbitros: Xavier Blauzen (FRA) e Jaime Vieira (POR)
|
Díez (1) Casarramona (1) Puigdueta (1) Tarrida (1)
|
[R 7]
|
Minuzzo (1)
|
- 3º e 4º posto
- Final
Clasificación final
Estatísticas
- Máis goles nun partido: 11 (na vitoria por 8-3 de Portugal fronte a Francia o 18 de decembro).
- Menos goles nun partido: 3 (na vitoria de Italia sobre Francia España por 2-1 o 19 de decembro).
- Máis goles dun equipo nun partido: 8 de Portugal fronte a Francia o 18 de decembro.
- Equipo máis goleador: Portugal (26 goles).
- Equipo menos goleador: Francia (6 goles).
- Máis goles encaixados: Francia (25 goles encaixados).
- Menos goles encaixados: España (5 goles encaixados).
Goleadoras
A máxima goleadora da competición foi a portuguesa Marlene Sousa, que anotou 6 goles en cinco encontros. A continuación amósanse as nove máximas goleadoras da competición, así como os goles marcados e o número de partidos disputados:[13]
Xogador
|
Goles
|
Partidos
|
Marlene Sousa
|
6
|
5
|
María Díez
|
5
|
5
|
Rita Lopez
|
5
|
5
|
Natasha Lee
|
5
|
5
|
Rute Lopez
|
5
|
5
|
Elena Tamiozzo
|
5
|
5
|
Ana Catarina
|
4
|
5
|
Laura Puigdueta
|
4
|
5
|
Anna Casarramona
|
4
|
5
|
Tarxetas
Nos 10 partidos disputados no Campionato de Europa Feminino de 2018 non se amosou o cartón vermello a ningunha xogadora. Si se amosaron tarxetas azuis a sete xogadoras. As xogadoras que máis cartóns azuis viron foron a española Natasha Lee e a francesa Nolwenn Bena, cun total de dúas tarxetas azuis nos cinco partidos que disputou coa súa selección en Mieres. A continuación amósanse as xogadoras amoestadas na competición, así como o número de tarxetas azuis:[14]
Xogador
|
Tarxetas azuis
|
Tarxetas vermellas
|
Partidos
|
Natasha Lee
|
2
|
0
|
5
|
Nolwenn Bena
|
2
|
0
|
5
|
Elena Toffanin
|
1
|
0
|
5
|
Ines Vieira
|
1
|
0
|
5
|
Rita Dias
|
1
|
0
|
5
|
Marlene Sousa
|
1
|
0
|
5
|
Elena Tamiozzo
|
1
|
0
|
5
|
Reivindicacións do deporte feminino
Paralelamente á celebración do Campionato de Europa, a cidade de Mieres acolleu varios eventos de reivindicación do deporte feminino no día da disputa da final. A xornada abriuse ás 10:00 h cun clínic no que participaron os seleccionadores dos catro países participantes coa moderación do presidente do Comité Nacional de Hóckey Patíns e vicepresidente do CERH Lluís Ferrer. Ese día o CERH asumiu o compromiso de recuperar a categoría sub-17 feminina, así como a imcorporación dunha muller na cúpula directiva do organismo, que se propuxo así mesmo afondar nas dificultades que ten o deporte feminino e as posibles solucións solucións.[15]
Ese mesmo día, a Concellaría da Muller de Mieres organizou unha marcha popular polas rúas da cidade que comezou as 12:00 h e que levou a un centenar de persoas ata as portas do Pavillón Visiola Rollán, onde as capitás das seleccións participantes leron un manifesto escrito nas linguas oficiais dos catro países no que defendían o trato igualitario do deporte feminino en relación ao masculino:[15]
Notas
- Referencias
- Fichas dos partidos
- Outras fontes
- ↑ "Carmelo Paniagua, visita la Selección Femenina en el Car de Sant Cugat" (en castelán). Real Federación Española de Patinaxe. 12 de decembro de 2013. Consultado o 25 de novembro de 2018.
- ↑ "Mieres acogerá el Campeonato de Europa Femenino del 2013" (en castelán). Real Federación Española de Patinaxe. 13 de xuño de 2013. Consultado o 15 de decembro de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 "El CERH suspende el Campeonato de Europa Femenino de hockey sobre patines" (en castelán). Real Federación Española de Patinaxe. 24 de xullo de 2013. Consultado o 15 de decembro de 2018.
- ↑ "El CERH comunica el calendario del Campeonato de Europa Femenino de Mieres" (en castelán). Real Federación Española de Patinaxe. 25 de novembro de 2013. Consultado o 15 de decembro de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 "El Ayuntamiento de Mieres recibe a las selecciones del Campeonato de Europa" (en castelán). Real Federación Española de Patinaxe. 17 de decembro de 2013. Consultado o 15 de decembro de 2018.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 "Todo listo para que empiece el Campeonato de Europa de hockey sobre patines" (en castelán). Real Federación Española de Patinaxe. 16 de decembro de 2013. Consultado o 15 de decembro de 2018.
- ↑ "Instalaciones Deportivas" (en castelán). Turismo de Mieres. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2018. Consultado o 12 de outubro de 2018.
- ↑ "Polideportivo Visiola Rollán" (en castelán). Conceyu de Mieres. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2018. Consultado o 12 de outubro de 2018.
- ↑ "Una inauguración de lujo para el Visiola Rollán". La Nueva España (en castelán). 17 de decembro de 2008. Consultado o 12 de outubro de 2018.
- ↑ "Mieres acogerá el Campeonato de Europa Femenino de hockey sobre patines". Asturias Mundial (en castelán). 14 de xuño de 2013. Consultado o 15 de decembro de 2018.
- ↑ "Alberto Mazón da la lista definitiva para el Campeonato de Europa Femenino" (en castelán). Real Federación Española de Patinaxe. 9 de decembro de 2013. Consultado o 25 de novembro de 2018.
- ↑ 12,0 12,1 12,2 "La Selección Española llega a Mieres para disputar el Campeonato de Europa" (en castelán). Real Federación Española de Patinaxe. 15 de decembro de 2013. Consultado o 25 de novembro de 2018.
- ↑ "EURO FEMALE SENIOR MIERES 2013 – TOP SCORER" (en inglés). World Skate Europe. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2018. Consultado o 12 de outubro de 2018.
- ↑ "EURO FEMALE SENIOR MIERES 2013 – BLUE AND RED CARD STANDINGS" (en inglés). World Skate Europe. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2018. Consultado o 12 de outubro de 2018.
- ↑ 15,0 15,1 "Mañana reivindicativa para con el deporte femenino en Mieres" (en castelán). Real Federación Española de Patinaxe. 21 de decembro de 2013. Consultado o 15 de decembro de 2018.
Véxase tamén
Ligazóns externas