O Campionato de España de Rallys de Terra, tamén coñecido como CERT, é un campionato de rally que se celebra anualmente a nivel nacional desde 1983 en España, organizado pola Real Federación Española de Automobilismo. Dispútase por tramos exclusivamente de terra. O concurso naceu da man do RACE que tamén organizaba case todas as probas incluídas no calendario. É habitual que se celebren dúas carreiras en cada proba.
Cada tempada dispútanse o campionato de pilotos, o campionato de marcas, o de copilotos, así como diferentes copas e trofeos promocionais e segundo as diferentes categorías de coches admitidos. A regulación deste evento caracterízase por ser aberta, o que permitiu a participación de vehículos prototipos e categorías que perderon a homologación, no caso do grupo B, que non poden participar noutros campionatos. Nalgunhas edicións o CERT compartiu datas co Campionato de España de Rallys Todo Terreo.
A primeira edición celebrouse en 1983, organizada polo RACE, chamándose inicialmente I Copa RACE de Ralis de Terra, pouco despois reconvertida como Campionato de España de Rallys de Terra .
Triunfaron na cita pilotos que compiten regularmente no campionato de asfalto, como Antonio Zanini, que gañou a segunda edición cando xa gañara oito campionatos de asfalto, José María Bardolet, tamén gañador de ambos campionatos, ou máis recentemente Xavi Pons en 2008, piloto habitual en rallys de asfalto. Tamén tiveron éxito pilotos de fóra de España, como os uruguaio Gustavo Trelles, que gañou o título catro veces e Gabriel Méndez, vencedor en 1995, ou o mexicano Benito Guerra, vencedor en 2010.
Calendario
Actualmente hai oito probas puntuables para o Campionato de España de Rallyes: