O Campionato Nacional de Montaña (en portugués: Campionato Nacional de Montanha, CNM) é a principal competición de carreiras de montaña en Portugal. Está organizada pola Federación Portuguesa de Automobilismo e Karting.
O campionato consiste en diversas probas nas que cada vehículo toma a saída individualmente para efectuar un mesmo percorrido até unha liña de chegada situada a unha altitude superior á da liña de partida. En cada proba xeralmente realízanse 3 subidas, sendo contabilizados os tempos das 2 mellores subidas para determinar a clasificación final.[1]
O CNM divídese en varias categorías e só as categorías C1 (vehículos de produción: Grupo N, Grupo A, Super 2000, Grupo R e GT's ) e C2 (vehículos de competición - Fórmulas e prototipos deportivos de ata 2000 cc) poden ser campións absolutos. Ademais destes, hai categorías C3 (Grupo X), C4 (Super Cars Ralicross), C5 (Vehículos con homologación FIA caducada) e C6 (Clásicos).[2]
A Subida á Falperra puntúa para o Campionato Europeo de Montaña mentres a Rampa da Covilhã ten puntuado para o Europeo e para a Copa Internacional de Montaña da FIA.
Historia
A primeira "rampa" (subida) de montaña en Portugal disputouse o 10 de xuño de 1910 coa Rampa da Pimenteira, situada en Alcântara, cun percorrido de 1500 m e que foi gañada por Estevão de Oliveira Fernandes.[3] Desde esa data realizáronse por todo o país diversas probas do mesmo xénero, como a Rampa da Falperra disputada a partir de 1927.
En 1935 o Automóvel Club de Portugal organizou un campionato nacional de subidas que incluía as do Gradil, Santarém, Buçaco, Guimarães e do Cabo da Roca (disputada na estrada entre Colares e Cascais). Tamén ese ano realizouse en Madeira a 1ª proba automobilística organizada na Illa, coa colaboración técnica do ACP, a Rampa dos Barreiros.
En 1973 a Federación Portuguesa de Automobilismo e Karting entregou os títulos de Campión Nacional de Montaña-Turismo de Serie e Turismo Especial, algo que non volveu ocorrer ata o ano 2000, formando parte as subidas nese tempo do Campionato Nacional de Velocidade.
Desde 2014 o Campionato de Nacional de Montaña está composto por 8 probas.
Calendario 2020
A seguinte táboa amosa o calendario programado nun inicio para o 2020. Con todo, a pandemia por coronavirus obrigou a modificalo, adiando as primeiras probas.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas