O Campionato Mancomunado Galaico-Ástur 1934/35 foi a primeira edición do Campionato Mancomunado Galaico-Ástur de fútbol. Comezou en setembro de 1934 e rematou en novembro do mesmo ano. Partiparon o Oviedo, o Stadium Avilesino, o Sporting de Xixón, o Deportivo da Coruña, o Racing de Ferrol e o Celta de Vigo.
O campionato viuse interrompido no mes de outubro por causa da folga xeral revolucionaria de 1934, dividíndose a competición en dous grupos: o asturiano e o galego.[1][2] No grupo galego reiniciouse o torneo e non valeron os resultados dos encontros xogados entre os equipos galegos antes de que se producise a división. En cambio, no grupo asturiano tivéronse en conta os resultados dos partidos que xogaran entre si os equipos asturianos antes da partición en grupos. O vencedor do grupo asturiano foi o Oviedo e o do grupo galego foi o Celta de Vigo.[3]
Os seis equipos que participaron no torneo obtiveron a clasificación para a Copa de España, accedendo os gañadores de ámbolos grupos directamente á rolda de oitavos de final.[4]
Calendario
Grupo asturiano
Grupo galego
Partidos anulados
Clasificación
Grupo asturiano
Grupo galego
Notas
Véxase tamén
Outros artigos