O Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico é a competición rexional de fútbol gaélico que agrupa os equipos da Península Ibérica. Dende 2006 é considerado polo Comité Europeo de Deportes Gaélicos un campionato rexional que puntúa para o campionato europeo e unha das súas roldas coincide cunha rolda de dito campionato.
Os clubs adoitan estar formados por xogadores irlandeses e unha nutrida representación de xogadores locais, que oscila sobre a metade do cadro de xogadores (exceptuando os equipos galegos, compostos case na súa totalidade por xogadores locais).
O actual campión (2019) do Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico masculino é o Madrid Harps, e na competición feminina o Filhas de Breogán, da Coruña.