Camilo de Cabo Fernández, nado en Monforte de Lemos o 29 de marzo de 1925 e finado en Vigo o 26 de febreiro de 2009[1], foi un futbolista galego que xogaba na demarcación de defensa central, máis coñecido como Cabiño.
Traxectoria
Ficha polo Celta de Vigo na tempada 1947-48 na que o equipo remata a liga na cuarta posición e chegou a final da Copa do Xeneralísimo ante o Sevilla FC. Deixou o Celta no ano 1952 e retirouse no CD Logroñés.
Notas