Calma total (en inglés: Dead Calm) é un filme estadounidense dirixido por Phillip Noyce que se estreou en 1989. Baséase na novela Dead Calm de Charles Williams. Foi estreado en galego a través da TVG o 19 de setembro de 2015.[3]
Sinopse
John e Rae deciden facer unha viaxe no seu pequeno iate de vela para intentar esquecer a morte do seu fillo nun accidente. Pero a travesía vese interrompida cando divisan un bote pneumático que foxe dunha goleta varada. O único ocupante do bote, un asustado mozo, explícalles que é o único supervivente dunha intoxicación alimentaria que acabou con toda a tripulación, pero o seu estraño comportamento fará sospeitar de que non está contando toda a verdade.
Personaxes
Notas
- ↑ NEXT YEAR'S 10 BEST FILMS By Garry Maddox 13 de xullo de 1987 Sydney Morning Herald p 16
- ↑ "Dead Calm," Box Office Mojo. Consultado o 10 de novembro de 2011.
- ↑ "Programación da TVG". Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2018.
Véxase tamén
Ligazóns externas