Os Cadernos Ramón Piñeiro constitúen unha publicación de periodicidade variable editada polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades como unha contribución ó estudo e á análise do pensamento do filósofo do que collen o nome. Están dirixidos por Armando Requeixo Cuba.
Co subtítulo de Cadernos galegos de pensamento e cultura, márcanse como obxectivo servir de canle de publicación de ensaios breves, investigacións e estudos encadrados dentro das Humanidades, con especial atención ó pensamento filosófico. En distintos números recolleu parte da correspondencia de Ramón Piñeiro con diferentes personalidades.
Naceron o 22 de novembro de 2003[1] co gallo do décimo aniversario da fundación do Centro, e van[cando?] polo número XXXVII, dedicado a Carlos Casares.
Os números están accesibles na páxina web do Centro Ramón Piñeiro[2].
Notas