Cachorro é un filme español dirixido por Miguel Albaladejo que se estreou no 2004.
É un drama que se enmarca dentro do cinema da causa LGTB, mostrando con normalidade a atracción entre persoas do mesmo sexo.
Argumento
Pedro, un homosexual (concretamente un oso) ben feito, desinhibido nas súas relacións e sen responsabilidades, comprométese a coidar durante quince días ao seu sobriño Bernardo, un cativo de 9 anos co que até ese momento non tivera moita relación. O rapaz é fillo de Violeta, a irmá de Pedro, unha hippie que vai facer unha viaxe á India co seu novo noivo. Pedro, a carón desta nova situación, terá que cambiar o seu ritmo de vida. Mentres o sobriño ten unha actitude natural e sen prexuízos cara a el.
Aos poucos días chégalle a noticia de que a súa irmá e a súa parella foron detidos na India por temas de drogas e que Violeta deberá pasar os próximos anos no cárcere. Pedro terase que enfrontar a esta situación e coidar ao cativo. Logo aparece a dona Teresa, a avoa paterna de Bernardo, coa que non tiña case relación, e que cre que a educación do cativo non debe estar nas mans dun homosexual.
Elenco
Comentarios
- Na banda sonora de Cachorro, aparecen dúas cancións de Fangoria: Me odio cuando miento e Hombres. A primeira canción é do disco Una temporada en el infierno (1999) e a segunda de Naturaleza muerta (2001).
- A película estreouse no Festival de Cine de Berlín de 2004.
- En EE. UU censuráronse dúas escenas de sexo (a escena inicial e a da sauna).
Véxase tamén
Ligazóns externas