Cacería salvaxe |
---|
Ficha técnica |
---|
Título orixinal | Running Wild |
---|
Director | Timothy Bond |
---|
Produtor | Harry Alan Towers |
---|
Guión | Tim Kirk Hunter Phoenix Harry Alan Towers |
---|
Intérpretes | Gregory Harrison Lori Hallier Cody Jones |
---|
Música | Lawrence Shragge |
---|
Fotografía | Buster Reynolds |
---|
Montaxe | Bill Goddard |
---|
Estrea | 1998 10 de decembro de 2008 (TVG) |
---|
Duración | 98 minutos |
---|
Orixe | Estados Unidos |
---|
Xénero | Drama |
---|
Na rede |
---|
|
Cacería salvaxe (en inglés: Running Wild) é un filme estadounidense de 1998 dirixido por Timothy Bond.
Estreouse en galego o 10 de decembro de 2008 na TVG.[1]
Sinopse
Matt Robinson (Gregory Harrison), antigo piloto das Forzas Aéreas, traballa agora para as Nacións Unidas nun programa para a protección e conservación da natureza. Viaxa a África cos seus dous fillos, Angela (Brooke Nevin) e Nicholas (Cody Jones), para seguir dende o aire o movemento dos elefantes que están sendo masacrados por unha banda de cazadores furtivos que trafican co marfil dos seus cairos. Ao chegar a Zimbabwe atópanse no camiño unha cría de elefante ferida por un disparo.
Personaxes
- Gregory Harrison como Matt Robinson
- Lori Hallier como Rachel Thompson
- Cody Jones como Nicholas Robinson
- Brooke Nevin como Angela Robinson
- Munyaradzi Kanaventi como Isaac
- Themba Ndaba como Ngoi
- Simon MacCorkindale como Walton Baden Smythe
- Jason Kennett como cazador furtivo xefe
- John Chinosiyani como Scarface
- Elijah Madzikatire como Abraham
Notas