O cabo de Gracia ou punta de Gracia é un cabo situado na costa atlántica do termo municipal de Tarifa, na provincia de Cádiz.
Está coroado por unha torre, construída en 1577 e inicialmente chamada Torre do Cabo de Gracia ou Torre Vella, e que actualmente se coñece como faro de Camarinal.[1][2] O cabo está situado entre a praia do Cañuelo e a praia dos Alemáns, preto de Zahara de los Atunes.
Notas