O cabo Norte (en norueguésNordkapplatået) é un promontorio localizado na illa de Magerøya, no norte de Noruega, na comunidade de Nordkapp, no condado (fylke) de Finnmark.[1]
Caracterítsticas xeográficas
O seu acantilado, de 307 m de altura, está considerado con frecuencia como o punto máis setentrional de Europa.
Ademais, ambos os puntos encóntranse na illa de Magerøya, o que significa que o punto máis setentrional da Europa continental é, en realidade, o cabo Nordkinn, na Nordkinnhalvøya (península de Nordkinn).[2][3]
Hoxe en día o cabo Norte é unha importante atracción turística que inclúe un amplo centro turístico que alberga un gran número de exposicións sobre a historia do lugar.