Santo André de Cabanas[1] é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Cabanas na comarca do Eume. Segundo o IGE en 2013 tiña 960 habitantes (493 mulleres e 467 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 804 habitantes.