O equipo naceu no verán do ano 2000 como continuación do CD Bacelos, que á súa vez tamén foi continuación do Laíño CF, histórico club de fútbol dodrés, que chegou a xogar en 1ª Rexional e a gañar a Copa do Sar 3 veces. Chegou a ter unha sección independente de voleibol.