Un círculo máximo[1] é o círculo resultante dunha sección realizada a unha esfera mediante un plano que pasa polo seu centro e a divida en dous hemisferios; a sección circular obtida ten o mesmo diámetro que a esfera.
A distancia máis curta entre dous puntos da superficie dunha esfera sempre é o arco de círculo máximo que os une.
Aplicaciones de círculos máximos
Xeometría riemanniana
Na xeometría riemanniana este concepto serve para ilustrar como hai espazos con puntos (os antipodais) que admiten máis dunha xeodésica contrastando o que acontece nos espazos euclidianos, en que por dous puntos escollidos arbitrariamente só pasa unha única xeodésica.
Triángulos esféricos
Se tres puntos da superficie esférica son unidos por arcos dun círculo máximo menores que 180 º, a figura obtida denomínase triángulo esférico. Os lados do polígono así formado exprésanse por conveniencia como ángulos con vértice o centro da esfera e non pola súa lonxitude. Este arco medido en radiáns e multiplicado polo raio da esfera é a lonxitude do arco. Nun triángulo esférico os ángulos cumpren que 180 ° < + + < 540 °.
↑Masa Vázquez, Xosé M.; Fortes López, Belén (1995). Servicio de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela, ed. Vocabulario de Matemáticas. Santiago de Compostela. ISBN84-8121-369-1.