César Boente

Modelo:BiografíaCésar Boente
Biografía
Nacementoséculo XIX Editar o valor en Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Morte23 de agosto de 1920 Editar o valor en Wikidata
Zaragoza, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeiro Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiJosé Boente Sequeiros Editar o valor en Wikidata

César Boente Álvarez, nado en Pontevedra a finais do século XIX e finado en Zaragoza o 23 de agosto de 1920[1], foi un enxeñeiro galego.

Traxectoria

Foi fillo de José Santiago Boente Sequeiros e de Carmen Álvarez. De novo practicou vela, e chegou a acompañar ao piano a Manuel Quiroga Losada no Teatro Principal de Pontevedra[2]. Estudou na Escola Superior de Enxeñaría Industrial de Vigo, e en 1908 marchou a Madrid a continuar os seus estudos. Logo de que o seu pai fose destinado a Zaragoza foi vivir alí, e exerceu de director técnico dos servizos municipais.

O 23 de agosto de 1920 foi asasinado mentres reparaba uns cables eléctricos xunto co arquitecto municipal José de Yarza e un axudante (Joaquín Octavio de Toledo), nuns farois da rúa do Coso. A morte foi cometida por Inocencio Domingo de la Fuente. Aínda que se considerou un atentado sindicalista, no marco de varias folgas, o acusado negou coñecer as vítimas. O 30 de agosto dese mesmo ano o concello de Pontevedra acordou darlle o seu nome á rúa Sierra. En Zaragoza tamén hai unha rúa co seu nome, e un monumento en homenaxe aos funcionarios.

Vida persoal

Casou con Josefina Camo e tivo tres fillos.

Notas

  1. Mariano García (23 de agosto de 2020). "El crimen que lloró Zaragoza". Heraldo de Aragón (en castelán). 
  2. Milagros Bará (6 de agosto de 2017). "El asesinato de César Boente". Diario de Pontevedra (en castelán).