Cástor Gago Álvarez, nado en Verín o 13 de agosto de 1953, é un político galego vinculado ao PPdeG.
Traxectoria
Enxeñeiro técnico agrícola, é funcionario do Corpo Técnico Superior da Xunta de Galicia. Foi xefe de Extensión Agraria en Verín e concelleiro, tenente de alcalde e delegado de Promoción Económica do Concello de Verín. Foi elixido parlamentario pola provincia de Ourense nas eleccións autonómicas de 1997. Foi conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria entre 1997 e 2001, cargo que tivo que abandonar como consecuencia da polémica xestión do problema co mal das vacas tolas.[Cómpre referencia] Volveu ser elixido parlamentario nas autonómicas de 2001.
Véxase tamén
Ligazóns externas