Cándido C. González Tarrío, foi un político galego.
Traxectoria
Rexentaba o comercio La Colmena, onde tamén creou unha imprenta e unha librería. Tamén creou un cine. Foi depositario do concello de Rianxo na ditadura de Primo de Rivera. Na Segunda República foi elixido alcalde de Rianxo en marzo de 1936. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 foi detido e estivo na cadea. Foi sancionado economicamente pola ditadura franquista.
Vida persoal
Casou con Carmen Rañó e foi pai de Sara González Rañó, que casou con Martín Gómez Rodríguez.
Véxase tamén
Bibliografía
- Comoxo, Xosé; Santos, Xesús (2006). Concello de Rianxo, ed. Saúde e República (Rianxo 1930-1936) Política e sociedade.