É un meteoro moi brillante, caracterizado por parecer unha bóla de fogo e crear unha pegada luminosa, producida pola entrada na atmosfera terrestre dun meteoroide cunha masa da orde das toneladas, que xeralmente explota antes de chegar ao solo e que produce un estrondo apreciábel.[2]
Un bólido presenta a aparencia dunha esfera de fogo, e non un aspecto puntual ou estelar. O suo luminoso que deixa ao seu paso pola atmosfera persiste un tempo superior ás decenas de segundos, e pode chegar a ser de varios minutos e incluso de media hora. Chega acompañado de fenómenos acústicos como unha explosión e ás veces pódense encontrar no solo algúns fragmentos do meteoro que resisten á completa volatilización no seu paso pola atmosfera.