Bágoas do sol (en inglés: Tears of the Sun) é un filme estadounidense dirixido por Antoine Fuqua que se estreou no 2003. Estreouse en galego na TVG o 15 de outubro de 2011.[3]
Sinopse
O tenente das Forzas Especiais dos Navy e o seu escuadrón de elite vense obrigados a elixir entre o deber e o sentido humanitario para protexer un grupo de refuxiados inocentes. Cando o goberno democrático de Nixeria é derrotado e o país cae nas mans dun cruel ditador, Waters e o seu equipo son asignados a unha misión rutineira para rescatar a doutora Lena Kendricks, unha cidadá americana que traballa nunha misión católica dun poboado afastado. Lena négase a marchar a menos que Waters se comprometa a trasladar os aldeáns á fronteira, onde poidan solicitar asilo político. De abandonalos, quedarían á mercé do exército rebelde. Waters ten ordes estritas do xefe, o capitán Bill Rhodes, de manterse á marxe do conflito.
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas