Buscando a Susan desesperadamente é un filme estadounidense de 1985 dirixido por Susan Seidelman. Está protagonizado por Rosanna Arquette e Madonna. Ambientado en Nova York, o argumento baséase na interacción entre dúas mulleres a través de mensaxes nunha columna de xornal.
Este filme foi o debut de Madonna no cinema, e foi un dos primeiros filmes para outros actores recoñecidos como John Turturro, Laurie Metcalf, Aidan Quinn e Steven Wright. The New York Times nomeouno un dos dez mellores filmes de 1985.
Estreouse en galego o 1 de xullo de 1997 a través da TVG.[2]
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas