Bulldozer é un EP da banda estadounidense de noise rock Big Black, publicado en 1983 a través do selo [[]]. is the second EP by American punk rock band Big Black, released in 1983. Foi o seu primeiro lanzamento en contar cunha banda real, contando con Pat Byrne de Urge Overkill tocando a batería nalgunhas cancións ademais da caixa de ritmos Roland TR-606 que proporcionaba pistas rítmicas en todos os discos de Big Black.
En Bulldozer, o fundador e líder de Big Black Steve Albini conseguiu un característico son metálico coa súa guitarra usando púas de metal adentadas, creando o efecto de dúas púas pulsando as cordas á vez. O EP Bulldozer gravouse co enxeñeiro Iain Burgess e lanzouse en decembro de 1983, coas duascentas primeiras copias empaquetadas nunha funda de chapa galvanizada en homenaxe ao Metal Box de Public Image Ltd.[1][2] Moitas das letras do EP mostraban escenarios extraídos da educación rural de Albini, como "Cables", que describía o sacrificio de vacas nun matadoiro de Montana, e "Pigeon Kill", sobre unha cidade rural de Indiana que se enfrontou a unha superpoboación de pombas dándolles de comer millo envelenado.[3] A última canción do EP, "Jump the Climb", foi gravada por Albini antes da incorporación dos seus compañeiros de banda.
Albini chamou orixinalmente ao EP Hey Nigger porque "calquera persoa o suficientemente estúpida como para sentirse ofendido por ese título é parte do problema... É mellor enfrontarse a cousas como esta. Por suposto que creo que xulgar á xente pola cor da súa pel é absurdo". Con todo, os seus compañeiros de banda fixéronlle cambiar o título.[4]
Bulldozer foi posteriormente compilado co anterior EP de seis cancións de Big Black, Lungs, no LP de 1986 The Hammer Party. A versión en CD tamén incluía o seguinte EP de Big Black, Racer-X.
Listaxe de cancións
N.º |
Título |
Duración |
1. |
"Cables" |
2:40 |
2. |
"Pigeon Kill" |
1:47 |
3. |
"I'm a Mess" |
1:56 |
4. |
"Texas" |
4:02 |
5. |
"Seth" |
3:32 |
6. |
"Jump the Climb" |
2:59 |
Notas