Buda az sharm foru rikht (en persa: بودا از شرم فرو ریخت) é un filme iraniano de 2007 dirixido por Hana Makhmalbaf.[1] O título do filme provén do libro The Buddha Was Not Demolished in Afghanistan, It Collapsed Out of Shame, escrito polo seu pai, Mohsen Makhmalbaf. O filme ten lugar no moderno Afganistán despois da derrota dos talibáns e conta a historia dunha nena afgá de cinco anos que quere asistir a unha escola acabada de abrir. A nena, chamada Bakhtay (Nikbakht Noruz) vive nas covas debaixo dos restos dos Budas de Bamiyán que foron destruídos polos talibáns en 2001. Bakhtay obsesiónase coa idea de asistir á escola mais debe loitar contra unha sociedade influenciada polo estrito control talibán, pola dominación masculina, pola guerra, pobreza e pola violencia.[1]
Personaxes
- Abdolali Hoseinali como Talib boy
- Abbas Alijome como Abbas
- Nikbakht Noruz como Bakhtay
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas