A buceira,[1] tamén chamada bozo,[2]buzo,[3]cofiño,[4]embozo[5] ou vetillo,[6] é un aparello que se emprega para cubrir o fociño dun animal co obxectivo de que este non poida comer ou trabar.
Descrición
A buceira consiste nunha estrutura de coiro, plástico ou metal que se adapta ó fociño do animal ó cal se fixa por unha fita que pasa por detrás da cabeza. A buceira axústase ó fociño para impedir que o animal abra a boca pero é aberto abondo para permitirlle respirar.
Usos
As buceiras úsanse en diferentes situacións:
Nos animais de carga cando traballan no campo para evitar que paren a comer.
Úsase a miúdo nas carreiras de cabalos.
Por razóns de seguridade, póñenselles ós cans considerados agresivos cando se sacan de paseo.